Volve de novo ao Garufa Club da Coruña este grande das Artes Escénicas: Carlos Blanco, cun show que permitirá aos espectadores gozar dalgúns dos seus máis coñecidos monólogos: As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases das nosas avoas e avós.
Tamén haberá cousas novas, nesta ocasión apoiado con imaxes facendo algo que nunca presentóu no Garufa.