"Último verán en Santa Cristina" de Eduardo Alonso por la compañía Teatro do Noroeste

“Último verán en Santa Cristina”, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive.

Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea.

Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960.

Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

Reparto

  • Xavier Estévez Actor, no papel de Alfredo.
  • Maxo Barjas Actriz, no papel de nai.
  • Miguel Pernas Actor, no papel de pai.
  • Manuela Varela Actriz, no papel de Ánxela.
  • Luma Gómez Actriz, no papel de Carmiña Ramona.
  • Equipo Taetro Escenografía e indumentaria.
  • Fernando Alonso Composición musical.
  • César Seijas Videos.
  • Imma António Axudante de dirección.
  • Eva Alonso Produción.
  • Eduardo Alonso Deseño de iluminación e dirección.

Las entradas ya están a la venta a un precio de 5 euros en la página web del Concello de Sada.

Fecha inicio: sábado, 30 de marzo de 2024 20:00
Lugar: Casa da Cultura Pintor Lloréns
Dirección: Avenida do Porto, 15160 Sada, A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos