Españul con Lamine Thior

Españul é unha viaxe de 5.000Km sen moverse da butaca, a través do cal Lamine Thior narra as súas orixes desde Senegal a Alxeciras, onde se criou e as vicisitudes que viviu como persoa negra criada en España.

Un monólogo de 90 minutos cheo de contrastes culturais cos seus amigos, a peculiar relación que ten coa súa nai e a súa primeira conciencia da existencia do racismo, o que supón pasar de ser un "neno negrito adorable" a un "negro adulto criminalizado“.

Lamine convídanos a analizar os nosos prexuízos a través de historias con transfondo social que sempre acaban con finais rocambolescos, rompendo con inesperados gags de humor sobre os seus intentos infrutuosos de ligar, que unha e outra vez lle levarán a momentos do máis surrealistas.

Unha experiencia única con momentos de reflexión e unha mensaxe de superación moi poderosa na que as risas están aseguradas.

ENTRADA DE BALDE

Fecha inicio: viernes, 12 de julio de 2024 20:00
Lugar: Centro Ágora
Dirección: Centro Ágora, Avenida Gramela, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 3