Sábados Miúdos en Betanzos

O sábado 28 de setembro volven os Sábados Miúdos co contacontos “Manual para deitarse e durmir” de Caxoto Contacontos que terá lugar na Sala de usos múltiples do Edificio Arquivo ás 12:00 h.

O espectáculo está destinado a nenos e nenas de entre 1 e 4 anos e as súas familias e ten unha duración de 35 minutos. A actividade ten 20 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas de ata dúas persoas adultas. O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde o 23 de setembro ás 10:00 h e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.

Fecha inicio: sábado, 28 de septiembre de 2024 12:00
Fecha fin: sábado, 28 de septiembre de 2024 13:30
Lugar: Sala de usos múltiples do Edificio Arquivo
Dirección: Praza de Galicia s/n Betanzos, A Coruña 15300 España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 28