Espectáculo sen palabras: KYOKI

KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.

KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… quen non esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas coma as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

O xogo teatral baséase no traballo plástico da corporalidade da intérprete e nunha rigorosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal, definindo unha secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un total protagonismo. A posta en escena fundaméntase deste modo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflexan desexos, sentimentos e todos os estados dramáticos definidos.

Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Dirección: Gonçalo Guerreiro.

Elenco: María Torres.

Manipulación de obxectos: Mario Rodríguez.

Público: + 5 anos.

Duración: 45 minutos.

Teatro xestual.

Fecha inicio: sábado, 19 de octubre de 2024 18:00
Lugar: Forum Metropolitano A Coruña
Dirección: Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 19