Ruta guiada gratuíta pola Costa Dexo-Serantes

O próximo sábado, 5 de outubro, a Aula do Mar en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat levarán a cabo unha xornada pola contorna do Monumento Natural Dexo-Serantes.


O próximo sábado, 5 de outubro, a Aula do Mar en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat levarán a cabo unha xornada pola contorna do Monumento Natural Dexo-Serantes con motivo da celebración da Especie do Ano da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o corvo mariño cristado. Daremos un paseo pola costa de Dexo, o lugar onde a especie do ano do 2024, ten unha das maiores zonas de cría de Galicia.


A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 5 de outubro do 2024, de 17:30 a 19:30h.


Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva da praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario: bit.ly/3BdtLZx.

Fecha inicio: sábado, 5 de octubre de 2024 17:30
Lugar: Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes
Dirección: Serantes, 15177 Oleiros, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 7
viernes 8