Feirarrúa Edición Especial Gastro & Arte

La calle del Orzán disfrutará el día 19 de una edición especial Feirarrúa que xirará ao redor da gastronomía e a arte.

Por unha banda, o mercado de arte estará centrado en láminas, lenzos, acuarelas, debuxos e gravados. O público terá unha ampla gama de estilos para elixir e gozar, e poderán conversar directamente cos e cas artistas.

Na parte de Gastronomía, fainos moita ilusión comezar co I Concurso de Petiscos. Son bocados para comer coas mans, na rúa. As propostas creativas seleccionadas repártense entre locais da cidade e da zona, de forma que haxa unha oferta variada. Así, presentarannos as súas creacións La esquina de Valentina, Toloache, Yebra, La Urbana, Kvras, Yolo Burguer, Bar Tracio, Red Rum e Praliné.

Os Petiscos estarán repartidos pola rúa Orzán (zona peonil) e diante dos establecementos participantes (c(Orzán, Praza José Sellier e Praza Cormelana).

O público poderá votar o seu bocado favorito. Depositará o seu voto nunha urna situada en Ese Sitio (Orzán 194). Haberá unha mención especial do público ao que máis votos reciba.

O xurado proclamará o Petisco gañador e recibirá o I Cullerón do Concurso de Petiscos, unha comida ou cea para dúas no restaurante El de Alberto e unha bandexa única de cerámica de Giovanna Lopalco- O xurado desta primeira edición está composto por Diana Sobral Cabanas -representante Concello Coruña, Carlos Colmenero -como representante Soho Orzán- e Rebeca Munin -directora da revista gastronómica Pincha-

Nesta sección gastronómica, haberá tres talleres de balde, un dirixido aos máis cativos e outros dous para adultos.

-O taller para peques Lamber os dedos coordinarao Praliné, cunha elaboración xuntos dunhas galletas riquísimas ás que nos ten afeitos. As mesas e material estarán dispostas enfronte a Praliné (c/ Orzán 150). Será a partir das 12:30h e por orde de chegada.

-Fáltanos poñer bonita a mesa, será a partir das 17h da tarde. Á parte dos manteis que podes atopar en Retales Zas para esta ocasión, Estrela da florería Te prometo un jardín de rosas, coordinará este taller que se centrará en facer un Arranxo floral para a túa mesa. Tamén nos dará unhas pinceladas teóricas sobre elección de flores, disposición, cores,... Faremos un centro que che podes levar a casa, e se prefires, podes traer o teu vaso para que che dea esas ideas de combinación de flores e verdes. A mesa de traballo estará situada no número 135 da rúa Orzán, non fai falta inscrición pero hai prazas limitadas (por orde de chegada ou sorteo en Ig)

-Un taller interesantísimo enfocado aos viños naturais: Como elexir un viño para o teu menú -con cata de viños naturais incluída- Guiará a sesión teórica e práctica Sonia Molero, sumiller. As mesas e cadeiras estarán situadas no número 135 da rúa Orzán e non é necesario inscrición, ata cubrir as prazas dispoñibles (por orde de chegada ou sorteo en IG). Comezará ás 18.30h.

Complementan o programa os Encontros coa Música

-Na Praza José Sellier hai un menú musical moi atractivo, para a sesión vermú e para a sesión tardeo, nunhas das nosas prazas máis emblemáticas da zona.

Na sesión vermú visitarannos Los Vintafonistas co seu repertorio de música de Nova Orleans que dará moito que bailar. Será a partir das 13:30h

Na sesión de tardeo, a partir das 17h, Rompecinturas guiaranos musicalmente por moitos estilos e para todas as idades. Música que acompañará a vosa visita a Feirarrúa.

Programa

12h a 20:30h Mercado de arte

12:30h a 14h Lamberse os dedos. Taller gratutito de doces para nenas e nenos, con Praliné Bombonería

13h Comezo do I Concurso de Petiscos

13.30h Sesión vermú cos Vintafonistas e a súa música de Nova Orleans para bailar

17h Sesión Dj con Rompecinturas

17h Quenda de tarde do I Concurso de Petiscos

17h Taller gratuíto Centro floral para a túa mesa, con Te prometo un jardín de rosas

18.30h Taller gratuíto Como elixir un viño para unha comida -con cata de viños naturais- coa catadora Sonia Molero

20:30h Entrega de premios I Concurso de Petiscos, con Isabel Risco

Fecha inicio: sábado, 19 de octubre de 2024 12:00
Fecha fin: sábado, 19 de octubre de 2024 20:30
Dirección: Rúa Orzán, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 19