O Festigual 2024 abre as súas portas o mércores 30 de outubro co espectáculo “Cerebro, Artes, Acción”, unha peza de danza e teatro que explora a complexidade do cerebro humano. Creada pola compañía Experimentadanza en colaboración coa Banda Municipal da Coruña, a obra busca achegar ao público os segredos e as marabillas do noso órgano máis enigmático, complexo e diverso.
Xa son oito anos facendo cidade na Coruña. Oito anos rompendo coas trabas que se atopan moitas persoas á hora de crear e consumir cultura. O Festigual — Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa desenvolto polo Concello da Coruña — nace e perdura cun fin: xerar espazos de convivencia e transformación ao redor das artes.
A programación, pensada para facilitar o acceso á cultura a calquera persoa independentemente das súas capacidades, espállase ao longo de varias semanas complementando a axenda cultural da cidade con propostas para todas. A través de distintas disciplinas artísticas, non só pretende concienciar sobre a urxencia de facilitar espazos nos que todo o mundo poida acceder ás artes, senón tamén da necesidade de crear dende as marxes para que o público xeral poida ampliar olladas.
Festigual trata de escapar dos circuitos normativos da cultura, moitas veces capacitistas, para construír un festival que poña no centro a accesibilidade e o goce de toda a poboación. Un proxecto colaborativo que é posible grazas ás usuarias das entidades sociais que traballan durante todo o ano para que esto se faga realidade.
O Festigual conta co apoio da Fundación María José Jove, Vegalsa Eroski e a Deputación da Coruña e está xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega
Programación Completa 2024
A programación deste ano inclúe unha variedade de propostas que combinan vangarda e tradición.
● 30 de outubro, Cerebro, artes, acción. Experimentadanza e a Banda Municipal da Coruña
● 3 de novembro. Música Baixo as Estrelas. Con Sophie Simonds, Pulpiño Viascón, Misuria Blues, Rozadura e Dani Blanco. Presentan Fran Rei e Corina Alfonso. Teatro Colón ás 19:00h
● 7 de novembro. Museo Virtual. Os amigos do Museo de Belas Artes. Centro Ágora ás 18:30h
● 7 de novembro. A proxección sonora III. La fábrica Illuminata. Asoc. Cultural AIS. Centro Ágora ás 19:30h
● 7 de novembro. O misterioso Cabarel do Sr. Pilgrim… E freestyle. Asoc. Poten100mos. Centro Ágora ás 20.00h
● 8 de novembro - Graffiti Inclusivo. Asociación Participa. Centro Amigó Os Mallos ás 17:00h
● 9 de novembro. Xornada de Arte e Saúde. Hospital de Oza. Toda ao día
● 9 de novembro. Pies de barro. Rebeca Ponte e Elvís García. Hospital de Oza ás 18.30h
● 14 de novembro. Puños de Harina. El Aedo Teatro. Centro Ágora ás 12:00h* e ás 20:00h
● 17 de novembro. Museo Virtual. Os amigos do Museo de Belas Artes. Teatro Colón ás 18:00h
● 17 de novembro. Nada se sabe. Culturactiva Producións e Centro Dramático Galego. Teatro Colón ás 19:00h
● 27 de novembro. Fillas de Cassandra (en acústico) + Chungo Pastel. Centro Ágora ás 20:00h
● 29 de novembro. Músicas Inclusivas e Participativas. Robert Pier e o Coro Diversos Funcionais. Centro Cívico Os Mallos ás 20:00h
● Do 28 de novembro ao 15 de decembro. Exposición: XV aniversario da Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade Sociedade Filatélica de A Coruña. Sala Municial de Exposiciones Salvador de Madariag