O 3 de novembro o Teatro Colón será o escenario para a terceira edición de "Música Baixo as Estrelas", un dos eventos máis esperados dentro da programación do Festigual 2024. Esta gala busca recoñecer e poñer en valor o traballo dos artistas de rúa da cidade, que día a día nos acompañan coa súa música. Este ano as protagonistas serán Sophie Simonds, Pulpiño Viascón, Misuria Blues, Dani Blanco e Rozadura. O evento, que estará conducido por Fran Rei e Corina Alfonso, contará con intérprete en lingua de signos e terá intervencións musicais, a estrea dunha canción para o propio acto e moito, moito humor e retranca. A entrada será de balde e sen reserva previa ata completar aforo.