Ciclo 'Outras historias de cinema' o xoves 7 de novembro, ás 19:30h. Se falará das Pioneiras da crítica: María Luz Morales.
Escritora, tradutora, editora mais sobre todo xornalista, a coruñesa María Luz Morales ocupa un lugar na historia por múltiples razóns, mais as máis das veces fálase dela polo fito de ser a primeira muller en dirixir un xornal no estado español, “La Vanguardia”, semanas despois do golpe de estado de 1936. Por iso, e polo seu compromiso con causas progresistas, incluído a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galiza, foi obxecto de represalia durante a ditadura. Mais María Luz Morales foi, tamén, unha pioneira no exercicio da crítica cinematográfica como autora de centos e centos de artigos de prensa. Sobre esta faceta súa poremos o foco nunha sesión que celebra a memoria dunha muller sobresaínte.
Disto falaranos Martin Pawley, crítico de cinema, programador e produtor.