Xornada de voluntariado para seguir eliminando o Helichrysum do Monumento Natural

Ante o avance incontrolable do Helichrysum petiolare no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, o Concello segue a actuar contra esta especie exótica invasora. A próxima actuación prevista, en colaboración coa Universidade da Coruña, consistirá en dúas xornadas de voluntariado para eliminar a especie e avanzar na investigación dos procedementos para a súa completa erradicación.

A actividade realizarase na contorna dos Faros de Mera os días 23 e 24 de novembro desde as 10 da mañá. As persoas interesadas en participar poden apuntarse a través dun formulario en liña. Haberá un petisco para todas as persoas voluntarias.

Para obter máis información é posible contactar co 981 618 154 ou través do correo electrónico turismo@oleiros.org. 

Fecha inicio: sábado, 23 de noviembre de 2024 10:00
Fecha fin: sábado, 23 de noviembre de 2024 13:00
Lugar: Faro de Mera
Dirección: Faro de Mera, Rúa Celso Emilio Ferreiro, Oleiros, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos