Sábado 30 de novembro / 19:00 h /Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía
Teatro/infantil – Público infantil (4-9 anos)
Duración: 60 minutos – Con invitación
Actividade enmarcada no programa Falaredes 2024 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Teatro de monicreques para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións. Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos?