O xoves 28 de novembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Berbiriana da Coruña, a presentación de "Runrún", de Ana Varela. Acompañando a autora, estará Sica Romero, escritora.
Esta obra ambientada en Ferrol, que amosa como pode virar nun momento, supón o debut da autora na Editorial Galaxia.
Publicada na colección Literaria Ronsel, "Runrún", de Ana Varela, amosa a historia de Uxía, unha xanela aos retallos dunha vida. Unha perspectiva na que prima a saúde mental, os coidados, a afectividade e as relacións sociais.
Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello, iso que tanto tememos.