Javi Quiroga é fotógrafo e divulgador. No ano 2020 en plena saída do confinamento lanzou vía redes sociais (Facebook e Instagram) o proxecto O Novo Normal. ONN é, entre moitas cousas, unha serie de imaxes e testemuñas realizadas a pé de rúa na Coruña, un traballo etnográfico realizado de maneira crítica e comprometida.
Un traballo que outorga a Quiroga unha perspectiva persoal, peculiar e privilexiada sobre as desigualdades na nosa cidade e como estas foron evoluíndo nos últimos anos.