Sofía Espiñeira canta e compón desde a raíz. Artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar galega, as súas composicións combinan o latexo das músicas do mundo xunto coa canción de autora máis íntima e espida.
Integrantes: Ailén Kendelman (percusións e coros), Judit Almeida (contrabaixo e coros) e Sofía Espiñeira (guitarra e voz principal)