Volve o Cineclub Bóveda, coa proxección de Carta dende Beirut, o luns 13 de xaneiro ás 19.30 horas.
Grazas á colaboración da Association Jocelyne Saab, que preserva e difunde a obra desta grande directora libanesa, afondarase un pouco máis no seu traballo como documentalista. Nesta sesión verase o filme Carta dende Beirut (1978), realizado tres anos despois do inicio da guerra civil no Líbano. A directora regresa á súa cidade por uns meses e vive unha estraña normalidade entre a guerra e a paz para tecer un retrato poético e humanista da vida cotidiana nun país devastado pola violencia.
A duración do filme é de 52 minutos.