Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.
Esta actividade, deseñada orixinalmente por Paco Franco, director do Aquarium Finisterrae ata o seu falecemento en 2021, ofrece a posibilidade de coñecer, da man de persoal técnico do acuario, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida tamén para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.
A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o 25 de xaneiro ás 11.30 horas.