Teatro | Teatro do Noroeste presenta 'Guerra'

Teatro do Noroeste continua a xira do seu novo espectáculo, Guerra, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña o 14 de febrero e no Pazo de Cultura de Narón o 15, tras estrear en Santiago de Compostela e pasar por Ribadeo. A obra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, será a peza encargada de celebrar o día dos namorados o venres 14 de febrero cunha traxedia aderezada de comedia e ironía, e como non, tamén amor.

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo dunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer as personaxes das obras do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo, todas elas encarnadas en dous actores e catro actrices. Tal é a premisa de Guerra, onde as innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca, enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución. O espectáculo está protagonizado por Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez, con música de Bernardo Martínez, escenografía e vestiario de Carlos Alonso e produción de Eva Alonso.

AS ENTRADAS

As entradas de ‘Guerra’ xa están á venda en liña no web Ataquilla e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h. O día da función abrirán a venda na billeteira do Teatro Rosalía dende as 16h, ate completar capacidade. 

As entradas para A Coruña en liña están en Ataquilla: 

https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/teatro/240-teatro-rosalia/x3ah8mee-guerra-de-eduardo-alonso

Fecha inicio: viernes, 14 de febrero de 2025 20:30
Fecha fin: viernes, 14 de febrero de 2025 22:00
Lugar: Teatro Rosalía de Castro
Dirección: Teatro Rosalía de Castro, Calle Riego de Agua, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 15