O vindeiro xoves, 13 de febreiro de 2025 ás 19.30h.na Fundación Luis Seoane de A Coruña terá lugar unha nova sesión do ciclo de literatura "Somos o que lemos". Ese día conversaremos co escritor Alejandro Palomas do seu libro máis recente, Una vida (Editorial Destino, 2025). O autor estará acompañado da xornalista Mila Méndez e de Javier Pintor, coordinador do ciclo. Entrada libre ata completar aforo.