Ler para saber: charlas de divulgación científica

O venres 21 de febreiro ás 18:30h terá lugar unha charla científica impartida pola profesora substituta de Fisioloxía vexetal da Universidade da Coruña; Carmen Rodríguez Coronado sobre “Mulleres e ciencia”.

Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” completarase con outras catro charlas máis os días 21 de marzo (“A ciencia secreta dos números: a estratexia detrás dos gamers” con Esaú Rodríguez), o 4 de abril (“Exploración a Marte” con Alejandro Cardesín), o 25 de abril (“os nosos amigos os microorganismos” con Carmen Rioboo) e o 9 de maio (“Experimentos caseiros para comprender o noso planeta” con Xacobo de Toro).

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.


A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir

Fecha inicio: viernes, 21 de febrero de 2025 18:30
Fecha fin: viernes, 21 de febrero de 2025 20:00
Lugar: Biblioteca Central Rialeda
Dirección: Av. Rosalía Castro 227A, Oleiros, 15172 Oleiros, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 22