Este domingo día 23 de febreiro é o día no que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro.
A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda convida a cidadanía a festexar o Día de Rosalía coa lectura pública da súa obra.
Realizarase o acto de lectura pública diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17 horas. A vicepresidenta da AELG, a escritora Beatriz Maceda, dará lectura ao Manifesto da AELG, elaborado por Marga do Val, e posteriormente realizarase a lectura pública da obra de Rosalía de Castro.
O acto contará tamén con música pois Rosalía de Castro é a poeta máis musicada da nosa literatura.