Abraham Cupeiro presentará na Coruña o seu novo disco ‘Loira’. O músico multiinstrumentista e construtor de instrumentos ofrecerá catro únicos concertos en Galicia, un deles na Coruña e no Teatro Colón o vindeiro 6 de xuño. En “Loira” están previstos unha serie de concertos na primavera cun ensemble de seis músicos que residen en Galicia. As cidades polas que pasaremos serán Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña.
Abraham Cupeiro contará coas voces de Davide Salvado e Matthew Ward, así como co acordeón de Sabela Caamaño, o violín de Cibrán Seixo, o arpa de Alba Barreiro e o contrabaixo de Antonio Cienfuegos.
As entradas están á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Ademais, en caso de quedar dispoñibles localidades, o día da función habilitarase tamén a billeteira do propio teatro.