Oliver Laxe no ciclo "Artistas Galegos. O autor e a súa obra"

Comeza o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.

O primeiro acto do ciclo terá lugar o próximo día 25 de febreiro no que o actor e director Oliver Laxe reflexionará sobre a súa traxectoria creativa.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes e teñen entrada libre ata completar capacidade.

Fecha inicio: miércoles, 26 de febrero de 2025 20:00
Fecha fin: martes, 25 de febrero de 2025 21:30
Lugar: Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes
Dirección: Rúa Álvarez de Sotomayor 1, Carballo, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos