Acto Amnistia Internacional Coruña sobre Gaza

O grupo de Amnistía Internacional A Coruña organiza o vindeiro mércores 26 de febreiro ás 20h no Centro Fonseca o faladoiro “Gaza. O xenocidio a vista de todos”. Este acto contará coa presenza de Esteban Beltrán, Director da Sección Española de Amnistía Internacional, e Raquel Martí, Directora Executiva de UNRWA España, e estará moderado pola xornalista coruñesa de Cadena SER Radio Coruña Teba Chacón.

Neste encontro único o público poderá coñecer de primeira man as conclusións do informe publicado por Amnistía Internacional o pasado mes de decembro “Es como si fuéramos seres infrahumanos”: El genocidio de Israel contra la población palestina de Gaza, onde se recollen as conclusións da investigación independente realizada pola organización a raíz da ofensiva militar lanzada por Israel tras os ataques mortais liderados por Hamás o 7 de outubro de 2023.

Do mesmo xeito, nesta charla dirixida por Chacón, coñeceremos as últimas informacións da situación da UNRWA na zona do Territorio Palestino Ocupado, que inclúe os asaltos do exército israelí a diversos centros educativos da organización  nos últimos días ou as implicacxións na realidade que está a ter a nova lei israelí que lles prohibe operar no país, da man de Raquel Martí, a Directora Executiva en España.

Notas biográficas.

Esteban Beltrán.

Esteban Beltrán dirixe dende 1997 a Sección Española de Amnistía Internacional, organización de dereitos humanos que conta con máis de 100.000 socios e socias en España.

Foi investigador para violacións dos dereitos humanos en Guatemala, Costa Rica e Panamá. Tamén levou a cabo en nome de Amnistía Internacional misións de investigación sobre o terreo recollendo testimonios e falando cos respectivos gobernos.

Profesor de dereitos humanos en universidades de España e Arxentina, en 2009 publicou con Debate o ensaio “Derechos torcidos: tópicos, medias verdades y mentiras sobre pobreza, política y derechos humanos”. Además, ten publicado varios libros de poemas como "Marian o la muerte que no admite olvido""La jodida intensidad de vivir", ou “Agosto 2045”.

Raquel Martí.

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Historia pola UNED.

De 1993 a 1998 viviu en diversos países africanos, realizando traballos de investigación para a Universidade de Harvard, a Universidade Complutense, Wildlife Conservation Society ou Fundación Swan, entre outras. Neste tempo tamén colaborou con diversas organizacións en proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Traballou como Consultora de desenvolvemento e cooperación internacional para PriceWaterHouse e, dende 2001 traballou para diversas ONGs como directora de proxectos en Asia, África e Latinoamérica, centrándose tamén na situación dos refuxiados en Palestina.

Autora de varias publicacións, actualmente compatibiliza o seu traballo como directora executiva de UNRWA España coa súa actividade docente sobre cooperación internacional en diversos foros e universidades.

Teba Chacón.

Vencellada á radio dende hai máis de 25 anos, comezou a súa carreira radiofónica na emisora universitaria CUAC FM.

No 2001, fai da súa paixón a súa profesión grazas a Los40 Principales. Presentou A Vivir que son dos días na súa edición local e exerceu como animadora no Carrusel Deportivo Coruña. Na actualidade presenta o Hoy por hoy A Coruña de luns a venres en Radio Coruña.

Fecha inicio: miércoles, 26 de febrero de 2025 20:00
Fecha fin: miércoles, 26 de febrero de 2025 22:00
Lugar: Centro Fonseca
Dirección: Centro Fonseca, Calle Fonseca, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos