Teatro | 'Boa sorte, mala fama' da compañía Tarabela Creativa

O sábado 22 de marzo ás 20:30 horas o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá a obra teatral Boa sorte, mala fama da compañía Tarabela Creativa e dirixida por Carmen Conde. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Boa sorte, mala fama nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala; da mala fama que gañamos, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte... igual que as andoriñas, consideradas aves de bo agoiro xa que alí onde aniñan traen boa fortuna, mais tamén son molestas polo canto agudo que proxectan ademais de emporcalo todo. Boa sorte, pero mala fama... ningún animal se parece tanto aos emigrantes galegos.

Autoría: Carmen Conde

Dirección: Carmen Conde

Elenco: Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena e Nastasia Zürcher (música ao vivo)

Xénero: teatro l Duración: 120 min

Público: adulto (maiores de 12 anos)

Prezo: 4 euros

Fecha inicio: sábado, 22 de marzo de 2025 20:30
Fecha fin: sábado, 22 de marzo de 2025 22:00
Lugar: Auditorio Gabriel García Márquez
Dirección: Auditorio Municipal Gabriel García Márquez, Rúa Chelito, Oleiros, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

lunes 24
miércoles 26