Carlota Blanco
27 de agosto de 2024, 23:29
Agosto coma este, un grupo de 20 amigos, “orfos dunha asociación na que poder bailar xuntos”, decidiron crear a súa propia asociación. Unha década máis tarde, Son d’aquí conta entre 400 e 500 membros, entre socios e membros dos grupos e alumnos das diferentes escolas. O seu presidente, Anxo Miján, explica que en breves acadarán a persoa número 1.000 que se liga á asociación no transcurso destes 10 anos.