Donaire e Xacarandaina ofrecerán este Nadal cantos e foliadas, dentro da programación municipal

Donaire e Xacarandaina ofrecerán este Nadal cantos e foliadas, dentro da programación municipal
Actuación de Xacarandaina

O Concello colabora este Nadal coas asociacións de cultura galega da cidade na organización de actividades vinculadas con este período festivo. Nese sentido, os días 21 e 23 celebraranse cantos de Nadal e foliadas en diferentes barrios da cidade, a cargo das asociacións Donaire e Xacarandaina. “O Goberno de Inés Rey busca dinamizar os barrios durante este Nadal e fomentar o acceso da cidadanía ao baile e a música tradicional galega, da man de dúas entidades con gran peso no sector cultural galego”, sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.


Por unha banda, o sábado 21 de decembro ás 11.30 horas Donaire levará a cabo cantos de Nadal e foliadas na rúa da Gaiteira, na praza de María Pita e na rúa Barcelona. Cada actuación está pensada para chegar a diferentes públicos: os máis pequenos gozarán de cantos interactivos e xogos, mentres que os adultos poderán deleitarse coas melodías tradicionais do Nadal. Deste xeito, todos os asistentes sentiranse incluídos e representados, creando un ambiente de participación activa e de sentimento de comunidade. Cada actuación rematará cunha pequena foliada na que as persoas asistentes poderán celebrar o inicio das
festas do Nadal.


Por outra banda, o luns 23 de decembro a Asociación Cultural Xacarandaina celebrará a súa tradicional cantada de Nadal. Será, coma todos os anos, na rúa Florida. A agrupación promove este acto para que tanto as súas persoas socias e alumnas como a cidadanía en xeral poda gozar dunha xornada festiva previa ao Nadal cun repertorio que achegará a todos os públicos o baile e a música tradicional galega.


Toda a programación de Nadal do Concello da Coruña pódese consultar na páxina web municipal www.coruna.gal.

Donaire e Xacarandaina ofrecerán este Nadal cantos e foliadas, dentro da programación municipal

Te puede interesar