Iago Gordillo acerca a cultura descoñecida dos videoxogos ao público coa súa canle de Youtube ‘Recuncho Gamer’. A súa perspectiva cercana e o traballo do seu equipo fixolle gañar o amor de centos de fans e un lugar entre os finalistas dos premios Youtubeiras, que se celebrarán no Teatro Principal de Santiago o 17 de febreiro.
Cómo xurdiu a idea?
Foi unha iniciativa que naceu en ano de pandemia. Estaba inspirada por outras canles que eu vía sobre videoxogos, sobretodo en inglés, como ‘Game Sack’ ou ‘Scott The Woz’. Quería falar nesa línea un pouco deles, pero non no apartado máis de ocio, senon no máis cultural e artístico. Tamén buscaba tratar a parte divulgativa, que é menos coñecida, especialmente no caso do público menos habitual no medio. Queremos mostrarlles que hai historias que se contan, que son interesantes e que, ás veces, non se poden contar nin en libros nin en películas. Necesitan a parte interactiva que ten o videoxogo.
Cómo son os vosos videos en Youtube e cal é o obxetivo que tedes cando os facedes?
Dende a perspectiva de Galicia, intentamos achegar cousas que, probablemente, se se xogan dende outro punto do mundo resoan de outra maneira. Por exemplo: temos un video no que falamos do ‘Shenmue’, un xogo ambientado no Xapón do ano 86. Cando visitamos a su vila e a sua xente, comentamos que tiña moitas familiaridades da miña propia aldea porque coñeces a todos os veciños, e logo ten un parecido a nivel ambientación con algunha zona. Nós salientamos ese tipo de historias ligadas coa terra. Agora estamos facendo un video sobre videoxogos que aparecen na serie de televisón ‘Pratos Combinados’. Ten unha máquina e falamos dos que aparecen. É unha manera de dar un contido próximo a xogos globais.
Cantos sodes no equipo e como traballades xuntos?
Agora temos un equipo no que estamos seis persoas. Somos Lara Portela, Sara Gurdiel, Rita Calvo, Ángela Triana, Jon Amil máis eu. Cada semana preparamos temas e repartimos xogos. Ás veces é: “Fai frío. Pois veña. Imos falar de xogos con mecánicas relacionadas có frio”. Sacamos todo o xugo aos temas. Como non os facemos en directo, os podcasts, entre que se graban e se suben, poden ser cinco ou seis horas de traballo.
Sempre falades de xogos clásicos ou seguides as novedades?
Intentamos darlle un pouco a todo. É certo que o público que temos está en torno os 30 ou os 40 anos e tratamos xogos de cando eramos máis novos; pero buscamos ter unha perspectiva có actual porque hai propostas moi interesantes. Tamén facemos comparativas entre cousas de agora con cómo se facían hai 20 anos. Non é o mesmo un ‘Mario’ ou ‘Sonic’ que non tiñan diálogos con xogos de hoxe que son case películas ou experiencias inmersivas.
Como mudou o videoxogo?
Creo que se avanzou, pero o problema non é o videoxogo, senon o seu uso abusivo igual que noutros medios. Ás veces hai que ter conciencia tamén. Tómase como un xoguete, pero temos videoxogos con idades recomendadas e algúns tratan temas máis ou menos violentos ou explicitos. Nalgúns grandes almacéns hai videoxogos de zombies sanguentos a centímetros de monecas para rapazas. Iso é algo que debería cambiar.