Cumpre un lustro Francisco Javier Hurtado Valcárcel (A Coruña, 1959) como presidente da asociación veciñal de Mesoiro ou, como os propios residentes din, Mesoiro Vello. O fai como unha das voces máis reivindicativas e como adaíl do que denomina un dos lugares máis esquecidos da cidade. Precisamente de esquecer trátase nunhas festas, ou festa en singular, que esta tarde teñen lugar na rúa do Huerto e que deixarán desde polbo a unha festa infantil. A propia ubicación é sinónimo de queixa.
¿Cal é o obxectivo destas festas?
Xuntar un pouco á veciñanza para ver se nos apoian. O Concello nos ten moi esquecidos, polo menos desde que estou na presidencia. Este pobo non ten aportación ningunha, salvo no 2019 cando presentamos unha proposta gañadora dos orzamentos participartivos e acadamos o área biosaludable. Non hai interese polo pobo e sentimos que estamos abandoados, tanto polo Concello como pola Deputación.
Acadaron, desta volta, xogos infantís, polbo, churrasco e actuacións musicais...
A música é o que paga o Concello, ademáis duns cantos foguetes. A comida vai pagada por cada comensal.
¿Prefiren falar de pobo ou barrio?
Uns falan de que somos 2.000 habitantes e outros de que somos 3.000, pero máis ben falamos e barrio, un barrio pobre ao que lle dan a espalda.
¿Cales son as urxencias máis grandes que detectan?
Vemos como se inauguran nos pobos e barrios do lado parques infantís en condicións. Aquí un neno de nove anos non ten onde xogar ao fútbol. Só pedimos que se poña unha cancha deportiva con tódalas condicións, así como un parque infantil. Fomento faría a cesión gratuita dos terreos que ten polo paseo e polo carril bici. Os nosos nenos non teñen onde xogar.
Tampouco teñen un campo da festa propiamente dito...
Este ano aumentamos a festa coa festa da espuma e nese sentido si que se portaron ben. O problema é que, desde que estou de presidente, miramos cara unha finca abandoada de máis de 1.000 metros cadrados. Saiu a subasta e custou 7.000 euros. Pedimos á Marea e ao PSOE que se fixeran cargo dese terreo para poder celebrar unhas festas en condicións. É de vergoña que teñamos un espazo reducido dun anaco de estrada de cincuenta metros.
¿Que mensaxe mandaría á xente dos outros barrios da cidade que estea a pensar en achegarse?
Que aquí acollemos cos brazos abertos a quen queira participar. Tódolos nenos que o desexen, aínda que non sexan de aquí, poden vir. Agardamos que disfruten e así nos escoitan e ven o que estamos a pasar.