José Manuel Sande | “Non é a época da indignación, pero si a de preservar a ética e os proxectos útiles para a xente”

José Manuel Sande | “Non é a época da indignación, pero  si a de preservar a ética e os proxectos útiles para a xente”
José Manuel Sande, xunto á sede de Unidas Podemos | Mónica Arcay

Uns dos últimos candidatos en saltar á campaña é José Manuel Sande que encabeza a candidatura conxunta Unidas Podemos-EU e, de ser posible, confluir coa Marea Atlántica. Programador cultural, membro da Fundación Luzes, traballador do CGAI, concelleiro de Cultura coa Marea Atlántica e senador con Galicia en Común. Isabel Faraldo, concelleira de Podemos, o definiu como “unha persoa valente e xenerosa”.  

 

Qué reaccións  obtivo a presentación da súa candidatura? 
Moi boas sensacións, unha recepción plural. Axentes moi variados da cidade a acollen ben, diría que con ilusión. Hai moita poboación descontenta e ante a perspectiva dunhas eleccions máis mornas, apagadas, a nosa presenza engade un elemento novidoso.

Pero á Marea non lle fixo ilusión. Xan Xove, o seu candidato, rexeitou unha confluencia despois de que Unidas Podemos abandonara o seu grupo municipal. Iso lles obriga a mudar de plans?
Non. A nosa perspectiva e manter abertas as mans sempre. Entendemos que é o desexo da cidadanía e intentarse ata o final, ata o último suspiro.

 

Entrou en política coa Marea Atlántica. Era un momento excepcional. Xa pasou? 
Porén, creo que é unha época que é posible recuperar (hai exemplos como o Goberno de coalición central), é aplicar políticas útiles para a xente. Moitas das cuestións que estaban enriba da mesa daquela época non están resultar e hai quen pretende esquecelas. Non é a época da indignación, pero si a época de preservar a ética e os proxectos que son útiles para a xente. Alí nos imos a xogar a pel.

 

No que se refire ao programa, está  moi próximo ao da Marea: Cultura, Deportes, Vivenda... 

Son cuestións que gravitan como preocupación para a esquerda. Non vin no resto da oposición esta preocupación para a Cultura e o Deporte. Aí si que pode ser un elemento diferencial. E os enfoques poden diferir.

 

Que a alcaldesa dirixa persoalmente Cultura e Deportes non amosa preocupación? 
Son áreas importantes que determinan o dinamismo da cidade. Áreas desmanteladas, concellerías que non existen, vergoña histórica dun partido que gobernou practicamente toda a vida democrática esta cidade.

 

Pero o mandato o marcou a pandemia.  
A pandemia ponía en suspensos determinadas cuestións, pero non había iniciativa propia do Goberno. Houbo administracións que intentaron actuar e outros o aproveitaron para a inacción.

 

Como exconcelleiro de Cultura, acadou unha exitosa política de concertos. Respetouse? 

Non se entendeu de todo, e desvirtouse. Por exemplo, descentralizar a actividade lúdica, non só en agosto. No caso do Festival Noroeste, non se entendeu o concepto de proximidade, de elección do público que disfrutaba de tipoloxías musicais determinadas. No último verán, en xeral en todas partes houbo xente, e non podemos confundir as cifras con o que é practicar a xestión cultural. Foi algo moi poco organizado.
 

Pero en Deportes sí houbo unha política a seguir. 
Si, houbo unha liña que tivo que ver máis coa cidade como reclamo, con un componente turístico-deportivo. E outra liña de sostemento das instalacións e do deporte base que non tivo a mesma trascendencia.

 

Neste mandato foi máis difícil chegar a acordos que o anterior? 
Non foi o mesmo. A oposición foi seguramente máis leal, pero caberían outras fórmulas porque foi un Goberno feble, illado, que se enredou en cuestións internas. 
 

Houbo cuestións internas no grupo municipal da Marea, como a escisión de Podemos.  

Os problemas do Goberno son moito máis graves: unha concelleira á que lle retiraron as competencias, dimisións, cesamentos, áreas descabezadas. Paréceme gravísimo e creo que non tivo a repercusión que debería. Non só é reprobable desde o punto de vista ético se non da xestión.

 

Hai catro partidos de esquerdas nas eleccións. É prexudicial?     
Para nós a unidade é máis que un desexo, é algo natural.  Moita xente se enreda en comisariados políticos e sistemas de xestión. Aquí o que importa é a vida das persoas e non as vaidades.

 

E por qué se afastou da Marea?    
Creo que iso forma parte do pasado. As estruturas poden aburguesarse, e a nosa obriga e facer autocrítica.

 

Que esperanzas ten Unidas Podemos-Eu en solitario?    
Nós percibimos unha demanda deste espacio na cidade. Vimos a gobernar, a por todas. 

José Manuel Sande | “Non é a época da indignación, pero si a de preservar a ética e os proxectos útiles para a xente”

Te puede interesar