Procedente dunha familia de poetas, “quedou un pouso dentro de min”, explica Alberto González-Garcés. Onte presentou o seu primeiro libro de poemas, ‘Alta mar, mar aberta’ (Medulia), na biblioteca pública Miguel González-Garcés, xunto a Alejandra Mosquera Souto, Xulio López Valcárcel e Xavier Seoane.
A pandemia e a xubliación déronlle algo que non tiña antes, “tempo, tempo para poder sentarme fronte á xanela e estar tranquilamente mirando a paisaxe, para poder reflexionar e escribir”, comenta González-Garcés cun sorriso. Escribiu para él, conta, pero plasmou en papel aquelas cosas que sentía, ata que tivo poemas suficientes para publicar.
Deste xeito, cos seus poemas e a edición, “atopeime cun obxecto precioso, agora hai que ver o contido”, asegura entre risos. A obra ten tres partes: unha para a familia, outra para o mar e unha derradeira para “os sentimentos que atopa un á beira do camiño”. “Eu, o que quero transmitir, é o amor pola vida, pola xente, é un libro que concibo como moi optimista, pensando no futuro, agradecendo as cousas e ás persoas que me atopei”, conta o autor, que subliña que a súa ilusión “é que a xente que o lea, se vexa reflexado no que eu escribo”.
Sobre o futuro, indica que ve a posibilidade de escribir un novo libro. Mais asegura que, ao igual que este, será algo natural. “Non mo plantexo como unha obriga, se saen cousas, por qué non? pero ten que sair sin forzar, si o forzo, non me vai salir”, conclúe.