Ruth Varela | “A xente vive en casas nas que non quere vivir. Cambiaron os modos de vida, pero non as vivendas”

Ruth Varela | “A xente vive en casas nas que non quere vivir. Cambiaron os modos de vida, pero non as vivendas”
Ruth Varela, presidenta da delegación coruñesa do COAG | PABLO CARREÑO

Cunha dilatada traxectoria profesional ás súas costas, Ruth Varela (A Coruña, 1971) chega ao cargo de presidenta da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) coa intención de achegar a profesión á sociedade. Como mostra, hoxe e mañá a institución organiza o ciclo de conferencias ‘Believers 3.0’ sobre a mellor arquitectura experimental realizada en España en vivenda pública colectiva.

 

Cales son as prioridades actuais para o COAG? 
Hai unha cuestión básica, que é a defensa de profesión, e iso vai unido á defensa dos intereses sociais. A arquitectura resolve necesidades da cidadanía, e polo tanto, canto mellores sexan as nosas condicións para traballar, mellor poderemos cubrir todas esas necesidades de habitat e espazo.

A organización de conferencias e charlas é algo no que están traballando moito. Ata que punto son importantes?
É preciso facer que a cidadanía coñeza como son os procesos nos que a arquitectura ten lugar. Temos que subir a cultura arquitectónica da sociedade. Por exemplo: a máxima inversión que fai unha persoa na súa vida, normalmente, é a vivenda. E as persoas case non teñen ningún coñecemento de como é o proceso arquitectónico. Canda alguén quere mercar unha casa, acude a un mercado no que busca asesoramento comercial, pero nunca experto, técnico. A xente vive en casas nas que non quere vivir. Cambiaron os modos de vida, pero as vivendas non, porque o mercado tende a ser moi estático.

 

En que cambiaron principalmente os modos de vida das persoas? 
As familias xa non teñen as mesmas composicións que antes, hai moito teletraballo... Cando compramos un piso, temos sempre en mente a mesma distribución. E a xente vese obligada a cubrir as súas novas necesidades dentro de esquemas que xa están obsoletos. E isto é aplicable non únicamente á vivenda, senón a todo o espazo público e ás cidades. Canto maís saiba a xente de arquitectura e urbanismo, mellores serán as vivendas e as cidades. Temos que ser capaces de trasmitirlles ás persoas unha serie de coñecementos básicos.

 

Un dos puntos claves nesta nova etapa do Coag será a colaboración coa Etsac? 
Sí. En relación a iso, quero destacar que A Coruña é a capital da arquitectura en Galica. Temos a maior masa crítica de arquitectos de Galicia, con máis de mil, e desde aquí lanzáronse hai cincuenta anos dúas propostas moi importantes: o Colexio de Arquitectos e a Escola de Arquitectura. Compartimos un camiño común, e temos que conservar e aumentar esa enerxía orixinal. 

Ruth Varela | “A xente vive en casas nas que non quere vivir. Cambiaron os modos de vida, pero non as vivendas”

Te puede interesar