Teresa Búa Zache ten unha brillante carreira por diante. Esta estudante de 24 anos realizou entre 2021 e 2023 o Máster de avogacía da UCM. O seu TFM ‘Lexislar e xulgar dende a perspectiva de xénero: especial referencia ao ámbito do dereito penal e aos delitos sexuais’ supón un análise da desigualdade no dereito recoñecido polos seus avaliadores cunha Matrícula de Honra. Agora, este traballo foi galardoado co Premio da Valedora do Pobo na súa IV edición pola súa temática vinculada coa perspectiva de xénero.
En que consiste o seu TFM?
O traballo aborda un estudio teórico-práctico sobre a perspectiva de xénero e a súa utilización no dereito, especialmente no ámbito dos delitos sexuais. Aquí foi onde eu decidín orientalo. Básicamente, o que fago neste texto é un percorrido polo significado da perspectiva de xénero e a necesidade da súa aplicación. Tamén falo do papel dos estereotipos e a victimización secundaria que sofren as mulleres. Trata cuestións como a posibilidade de lexislar e xulgar deste modo. Déixase claro que non estamos ante unha opción, senón que a perspectiva de xénero é unha das ferramentas máis importantes para loitar contra as desigualdades entre os distintos sexos.
Como se aplica esta perspectiva dende a neutralidade do dereito?
Por regla xeral percibimos o ordenamento xurídico como algo neutral, pero nada máis alonxado da realidade. Está construido sobre un marco de referencia con costumes e límites creadas polo sexo masculino. O dereito inclúe, pero non ten en conta as mulleres. É algo imperante na sociedade dende hai moito tempo, pero para cambialo débese pasar por un proceso que incorpore estas perspectivas de xénero e igualdade.
Como podería incorporarse no dereito?
O primeiro sería a formación en materia de xénero para todo os operadores xurídicos. Eu non sabía ben o que era a perspectiva de xénero ata que empecei a facer este traballo. Non debería ser viable que unha persoa que xulga ou que asesora a unha víctima dunha agresión sexual non teña esta ferramenta. Tamén hai que incorporar esta perspectiva para que sexa unha obriga. Xa está escrito nas leis, pero deberíase aplicar porque eu penso que o facemos a marchas forzadas. Hai unha falsa creenza de que a perspectiva de xénero deixa os homes na marxe, pero non é así. Inclúe tanto o sexo masculino como o feminino. Se as cousas cambian ten que facelo para ambos e en beneficio da sociedade.
Ten algún plan para a dotación de 1.000 euros do premio?
A verdade é que non. Foi unha sorpresa. Non tiña ningunha expectativa. Ainda estou asimilando a situación e recibindo moitas felicitacións.