Xornadas de formación para novos usuarios de BiciCoruña

Xornadas de formación para novos usuarios de BiciCoruña

O Concello da Coruña en colaboración con Mobi-liza organiza unhas xornadas de formación dirixidas a novas persoas usuarias de BiciCoruña. Estas xornadas celebraranse nas carpas da Semana Europea da Mobilidade, que se instalarán no Obelisco dos Cantóns.

 

Nestas xornadas abordaranse as normas de circulación en xeral e a específica para bicicicletas en particular, así como concienciar sobre o uso responsable e respectuoso con esa normativa.

 

As xornadas (idénticas entre pero en diferentes horarios para favorecer a conciliación) celebraranse nas seguintes datas e horas:

Sábado 17 de setembro, de 18:00 a 20:00h
Domingo 18 de setembro, de 11:00 a 13:00h
Luns 19 de setembro, de 19:00 a 21:00h


Para inscribirse só é necesario enviar un correo electrónico á dirección amobiliza@gmail.com ou por teléfono ao 679.744.920 indicando nome e apelidos. Cóntase cun aforo de 25 prazas por xornada, as cales serán reservadas por rigoroso orde de solicitude.

Xornadas de formación para novos usuarios de BiciCoruña

Te puede interesar