Actividades de Nadal nas mostras Hematocrítico Ilustrado e Viñetas desde o Atlántico

Este Nadal o Concello da Coruña ofrecerá diferentes actividades paralelas para dinamizar as mostras abertas nas salas expositivas municipais. Trátase de obradoiros e visitas guiadas ás exposicións Hematocrítico Ilustrado e Viñetas desde o Atlántico, que se atopan no Quiosco Alfonso e na Sala de Exposicións Municipal de Palexco.



As actividades serán gratuítas pero requiren que as persoas interesadas formalicen a súa inscrición no correo electrónico kioscoalfonso@coruna.gal, tanto para os eventos do propio Quiosco Alfonso como para os de Palexco, xa que o número de prazas dispoñibles por sesión é limitado.


Os obradoiros e visitas que se levarán a cabo desde o sábado 21 de decembro no Quiosco Alfonso están relacionados coa mostra de Viñetas desde o Atlántico, que este año expandiu a súa programación máis alá do mes de agosto cunha exposición de obras de Lucas Varela, Mancello Quintanilha e Kundo Krunch. A mostra, de acceso libre, permanecerá aberta ata o día 8 de xaneiro.


Pola súa banda, o Concello réndelle homenaxe a Miguel López, coñecido artisticamente como Hematocrítico, a través da mostra Hematocrítico Ilustrado, que está aberta á cidadanía na Sala de Exposicións de Palexco ata o vindeiro 6 de xaneiro. A exposición ofrece un percorrido visual e emocional pola obra do autor a través das ilustracións de artistas cos que colaborou ao longo da súa carreira.


Tamén a partir do sábado 21 contará con diferentes actividades pensadas para a cativada e tamén para o público en xeral.


Viñetas desde o Atlántico, no Quiosco Alfonso

Obradoiro didáctico “Pósters ilustrados”: Sábado 21 ás 11.00 e 17.00 horas

● A través de diversos xogos creativos traballaremos na creación de portadas de tébeos imaxinarios, que máis adiante poderán converterse en obras de banda deseñada completas.

● Duración: 75 minutos

● Idades: de 6 a 12 anos

● Número de prazas: 15


Visita guiada á exposición de Viñetas desde o Atlántico dos artistas Marcelo Quintanilha (Brasil) Lucas Varela (Arxentina) Kundo Krunch (Arxentina): Sábado 21 ás 19.00 horas

● Duración: 1 hora

● Nº de prazas: 30


Obradoiro didáctico “Cores doutro mundo”: Domingo 22 ás 11.00 e ás 17.00 horas

● A cor na banda deseñada convírtese nun personaxe máis, que máis aló de reproducir as cores da realidade ten infinitas posibilidades expresivas. Tamén experimentaremos ca cor e o debuxo mesturados para crear propostas gráficas divertidas e innovadoras.

● Duración: 75 minutos

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: 15


Obradoiro didáctico “Máquinas Orgánicas Moleculares”: Venres 27 ás 11.00 e ás 17.00 horas

● Mediante un divertido e imaxinativo xogo construtivo, construiremos alucinantes máquinas biolóxicas que nos servirán de inspiración e modelo para debuxar un mundo futuro no que os seres vivos e as máquinas estean feitos da mesma materia.

● Duración: 75 minutos

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: 15


Obradoiro didáctico “O Futuro Humano Longo Do Día Máis (1)”: Sábado 28 ás 11.00 e ás 17.00 horas

● Unha vez que teñamos a nosa obra de banda deseñada teremos que coloreala de xeito creativo, utilizando a cor para completar o debuxo e aportar novas dimensións á nosa historia

● Duración: 75 minutos

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: 15


Visita guiada á exposición de Viñetas desde o Atlántico dos artistas Marcelo Quintanilha (Brasil) Lucas Varela (Arxentina) Kundo Krunch (Arxentina): Sábado 28 ás 19.00 horas

● Duración: 1 hora

● Nº de prazas: 30


Obradoiro didáctico “O Futuro Humano Longo Do Día Máis (2)”: Domingo 29 ás 11.00 e ás 17.00 horas

● Unha vez que teñamos a nosa obra de banda deseñada teremos que coloreala de xeito creativo, utilizando a cor para completar o debuxo e aportar novas dimensións á nosa historia.

● Duración: 75 minutos

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: 15


Obradoiro didáctico “Viaxe sorpresa ao exo-planeta Quimera-6”: venres 3 de xaneiro ás 11.00 e ás 17.00 horas

● A máis de 6000 anos luz de distancia atópase o planeta Quimera-6, un planeta habitado por todo tipo de criaturas alieníxenas abraiantes.

● Duración: 75 minutos

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: 15


Visita guiada á exposición de Viñetas desde o Atlántico dos artistas Marcelo Quintanilha (Brasil) Lucas Varela (Arxentina) Kundo Krunch (Arxentina): Sábado 4 de xaneiro ás 19.00 horas

● Duración: 1 hora

● Nº de prazas: 30


Hematocrítico Ilustrado, na Sala de Exposicións Municipal de Palexco

Obradoiro: “Humor a primeira vista”: Sábado 21 ás 12.00 horas

● Obradoiro infantil de ilustración con Iván R. Un obradoiro para falar do humor gráfico para nenos e nenas de + 6 anos. Falaremos de como o humor pode estar feito con palabras e tamén con imaxes. Veremos exemplos do humor na prensa e nas redes. Remataremos ilustrando a nosa viñeta de humor gráfico coa situación coa que queiramos facer sorrir a alguén. Os nenos e as nenas escollerán un chiste para ilustralo nunha viñeta.

● Duración. 1 hora

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: máximo 20


Obradoiro: “Escrita divertida”: Sábado 28 ás 12.00 horas

● Obradoiro infantil con María Lado. Este obradoiro está deseñado para estimular a imaxinación e a escritura a través da diversión e o humor. Aquí, os participantes terán a oportunidade de crear historias únicas a partir de personaxes singulares e situacións disparatadas. Todo vale! A única regra é deixar voar a imaxinación, porque escribir é un acto de creación e, sobre todo, imaxinarnos mundos novos é unha experiencia divertida e enriquecedora! A través de dinámicas lúdicas e exercicios creativos, exploraremos diferentes enfoques narrativos, aprenderemos a dar vida aos nosos personaxes e descubriremos como as situacións máis inesperadas poden dar lugar a relatos fascinantes. Ven e úneche a nós nesta aventura literaria onde a risa e a creatividade son os protagonistas. 

● Duración. 1 hora

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: máximo 20


Obradoiro “Creación de personaxes con papel de agasallos”. Imparte Julia Abalde: Domingo 29 ás 12.00 horas

● Partindo dunha silueta de cartón como base, cada participante deseñará e dará forma a unha personaxe única, dotándoa dun nome, características propias e intereses persoais que a definan. A continuación, daremos renda solta á creatividade vestindo e decorando a figura empregando papeis de cores, lazos, fitas, e outros materiais recuperados do lixo tras abrir os agasallos de Nadal. Este obradoiro de manualidades busca non só estimular a imaxinación e a expresión artística, senón tamén fomentar valores de reciclaxe e sustentabilidade, transformando refugallos en arte. Importante: É imprescindible que cada participante traia papeis de agasallo xa utilizados ou outros elementos sobrantes das celebracións de Nadal. Así, daremos unha segunda vida aos materiais e contribuiremos, de forma creativa, a reducir os residuos destas datas.

● Duración. 1 hora

● Idades: de 6 a 12 anos

● Nº de prazas: máximo 20


Sesión de contos con Caxoto: Venres 3 de xaneiro ás 12.00 horas

● A sesión de contos de Caxoto ten como protagonista a "Barbavoa", unha encantadora obra infantil de Hematocrítico, publicada por Nórdica Libros, que forma parte da mostra "Hematocrítico Ilustrado". Os máis pequenos e pequenas terán a oportunidade de mergullarse de forma interactiva no divertido mundo de piratas que nos ofrece este libro. Ademais, poderán descubrir os debuxos orixinais que están expostos na propia sala, enriquecendo así a súa experiencia e fomentando a súa imaxinación. Será unha xornada chea de aventuras e sorpresas que non quererán perderse!

● Duración. 1 hora

● Idades: de 4 a 9 anos

● Nº de prazas: máximo 25

Fecha inicio: sábado, 21 de diciembre de 2024 11:00
Fecha fin: sábado, 4 de enero de 2025 20:00
Lugar: Quiosco Alfonso e Palexco
Dirección: Varias localizacións
Volver a la Agenda

Próximos eventos

jueves 12