Unha volta ás orixes do Mago Antón cun espectáculo pensado para todas as idades e caracterizado pola recuperación dalgún dos seus números dos inicios máis coñecidos: ventriloquia, aparicións, desaparicións, mentalismo, xogos de mans, levitacións, transformacións, manipulacións e cartomaxia sucédense a un ritmo trepidante sorprendendo tanto a pequenos como a maiores.
Duración: 45 minutos por función.
Consulta horarios e condicións das funcións o día da Feira de Artesanía Para todos os públicos.