A cantareira de Arteixo Fransy González lanza 'Manhe', o seu novo proxecto musical

Cantareira, mestra de pandeireta e canto tradicional, Fransy González aposta por un proxecto propio
A cantareira de Arteixo Fransy González lanza 'Manhe', o seu novo proxecto musical
Fransy

A pandeireteira arteixá Fransy González, cunha ampla carreira no mundo da música tradicional galega, vinculada a Xiradela e a traballos con outros artistas e xiras por distintos países como solista, estrea proxecto propio.


Cantareira, mestra de pandeireta e canto tradicional, Fransy González aposta por un proxecto propio, un proxecto "persoal, froito de décadas de experiencia como cantareira". Trátase, segundo a pandeireteira galega, dun proxecto "sinxelo, feito coa madurez que confiren os anos e a peito descuberto".

 

Portada Manhe
Portada de Manhe


'Manhe' é o título deste novo traballo, acompañada por Pedro Lamas na composición e dirección musical. O primeiro tema deste proxecto co que Fransy inicia un novo camiño na súa carreira musical chámase "Media leghua de camiño". "Nin no mundo nin na terra" é o título do segundo tema deste traballo, que xa se poden escoitar en todas as plataformas dende o 19 de febreiro.

A cantareira de Arteixo Fransy González lanza 'Manhe', o seu novo proxecto musical

Te puede interesar