“Prohibido non Falar Galego”. Este é o reto ao que se suma o IES David Buján no marco do programa “21 días co Galego e +”, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta coa que se pretende, precisamente, “promover o emprego deste idioma entre vos mozos e mozas”, sinalan desde Cambre. Na estrea estiveron os edís de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo; de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, e de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Sumidoiro.
“21 días co galego e +” busca levar o idioma “dentro e fóra dás aula”, coa intención de que os mozos empreguen a lingua galega como o seu idioma normal de uso, levándoo a todos os ámbitos no seu día a día.