Os Premios Down Compostela recoñecen hoxe o compromiso coa inclusión

Os Premios Down Compostela recoñecen hoxe o compromiso coa inclusión
Los premiados

A cidade de Santiago acolle esta tarde a gala dos Premios Down Compostela 2025, un evento que cada ano pon en valor o traballo de persoas e entidades que contribúan á inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con síndrome de Down. 

 

A cerimonia celebrarase na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a partir das 19:30 horas, e estará presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

 

A gala será conducida por Irene Rodríguez-Toubes, unha moza con síndrome de Down, e o xornalista da TVG Diego Viaño, reforzando o protagonismo das persoas con discapacidade intelectual neste evento, que se celebra con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down.

 

Os galardoados desta edición

Nesta décimo segunda edición, os premios recoñecen a traxectoria e compromiso de tres galardoados:

 

  • Marta Rodríguez Lorenzo, psicóloga e exdirectora de Down Compostela, polo seu incansable labor durante case 25 anos na mellora da calidade de vida das persoas con síndrome de Down, sendo un referente para familias e profesionais.
 20250305 Premios Down Composetla 2025 1
Marta Rodríguez

 

  • Antonio Rodríguez Núñez, investigador e catedrático da USC, pola súa contribución á investigación sanitaria con persoas con trisomía 21 e o seu traballo para sensibilizar ao alumnado de Enfermería da USC sobre a discapacidade.

 

 20250305 Premios Down Composetla 2025 2
Antonio Rodríguez

 

  • Seur Geopost Santiago, pola súa aposta pola inclusión laboral, dando oportunidades a persoas con discapacidade intelectual, como o caso de Manuel Otero, contratado en 2022 e hoxe un exemplo de integración no mundo laboral.

 

Seur
Seur

 

Os Premios Down Compostela recoñecen hoxe o compromiso coa inclusión

Te puede interesar