Concurso de Microrrelatos "Viaxe ao mundo de Urbano Lugrís"

Concurso de Microrrelatos "Viaxe ao mundo de Urbano Lugrís"

Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) foi un dos pintores máis importantes do século XX en Galicia. De formación case autodidacta, bohemio e anárquico, foi tamén poeta, ilustrador e, sobre todo, un gran muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador. 

 

Os seus lenzos, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, son o reflexo dun poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, onde abondan as sereas, e narracións fantásticas en formato bidimensional á maneira dun Robert Luis Stevenson, autor de "A illa do tesouro".

 

Mural Lugru00eds en la oficina de Abanca en los Olmos
Mural de Lugrís, durante su colocación y restauración en la oficina de Abanca / AEC

 

Un dos exemplos do seu labor como muralista está na oficina de Abanca da rúa Olmos na Coruña, unha paisaxe onírica e fantástica sobre a cidade da Coruña. Nesta ligazón á colección de arte de Abanca pódense ver tamén algunhas das súas obras

 

En 2023 cúmprese 50 anos do pasamento do pintor. Co gallo desta efeméride, desde El Ideal Gallego gustaríanos facer partícipes a todos os mozos e mozas que cursan secundaria e teñen entre 12 e 16 anos, da obra e vida dun pintor galego fundamental do século XX, poñendo en marcha un concurso de microrrelatos, deseñado baixo a temática “Viaxe ao mundo de Urbano Lugrís”.

 

PARTICIPACIÓN

Para participar, o teu fillo ou filla só ten que rexistrarse na nosa web ou utilizar a conta dalgún dos seus proxenitores, deixando o seu microrrelato de non máis de 100 palabras nesta mesma noticia.

 

O relato gañador e dous finalistas serán incluídos na versión dixital e impresa do 15 de decembro de 2023.

 

Os premios serán os seguintes:

Gañador: Lenovo Tab M10 HD, valorada en 169€

Primeiro finalista: eReader Kindle 6”, valorado en 109,99€

Segundo finalista: Smartwatch Amazfit Bip 3 Pro, valorado en 69,00€


De entre todos os relatos recibidos entre o 24 de outubro e o 27 de novembro de 2023, o gañador será elixido mediante un xurado composto por membros de Editorial La Capital e anunciarase o 5 de decembro a través de redes sociais e na edición en liña e impresa.

 

Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos. Participacións abertas ata o 27 de novembro de 2023.

 

Consulta as bases aquí e participa nos comentarios desta noticia.

Concurso de Microrrelatos "Viaxe ao mundo de Urbano Lugrís"

Te puede interesar