Estos son los ganadores del III Concurso de Microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

Estos son los ganadores del III Concurso de Microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

Desde 1963, o Día das Letras Galegas marca o inicio do “Rexurdimento” cultural galego, converténdose así nun día moi especial para Galicia, no que se homenaxea cada 17 de maio a unha personalidade literaria referente do idioma.


Este ano, devandita homenaxe cae na figura de Francisco Fernández del Riego; escritor, intelectual e político español, recoñecido grazas ao seu traballo constante a favor da cultura galega.

 

Por terceiro ano consecutivo, desde El Ideal Gallego puxemos en marcha o “Concurso de Microrrelatos Homenaxe ás Letras Galegas”, deseñado este 2023 baixo a temática “Cartas a Galicia”, onde os participantes escribiron unha carta personalizada dirixida á nosa comunidade autónoma.

 

 

Os autores premiados e sus relatos

1. Pedro Naveira Pedreira 

Querida Galicia:
Non hai noite tan longa coma a túa longa noite de pedra. Mais que fermosa lingua o galego! Temos xoias literarias que aí están, para ser lidas. En galego aprendemos que, porque xamais deberían queimarse, os libros arden mal. Pois non deberiamos asistir ao último día de Terranova, e si coñecer as memorias dun neno labrego, que non son senón a nosa propia memoria. E que houbo tempos de centeo, follas novas, contos á lus do candil, voces baixas, mesmo tesos cumes. Soubemos do maior segredo naquela praia dos afogados, da viaxe de Gagarin, do lapis do carpinteiro ou dun crime en Compostela. Contáronnos tamén en galego que hai fantasmas de luz no cinema, aínda que non nos decatemos, e que unha pouca cinza pode agochar tanto misterio como trece badaladas. E si, as bolboretas teñen lingua. Porque sempre en Galiza… o único que queda é o amor.
 

2. Verónica Laya

A ti, que nos espertas cos toxos cubertos polo orballo dunha noite de néboa.
Noites que fan agochar aos "jozofellos" nas escuras augas dos teus ríos e traen andacio aos nosos fortes corpos.
Abelaíñas agochas entre o millo e algunha que outra rosa, iso vexo deitada á sombra do carballo que ti sementaches, un gran agasallo.
Os teus doces amendoados e teus salgados freixós, que buscan acender a cociña con verde leña ao igual que as nosas meixelas nas frías noites de xaneiro.
A ti, que nos abrigaches cun prato de caldo e cun bo cocido, de grelos ou repolo, con cachucha e chourizo.
Lémbrante con morriña os que algún día de ti se tiveron que afastar, co desexo de que algún día poidan regresar.
A ti Galicia, porque todo canto me das, non cho poderei agradecer xamais.
A ti, que me viches medrar.
A ti, que me verás morrer.

 

3. Eladio Prieto Bellas 

Volvo á ti. Abro a porta. O escano, o cunqueiro, a gramalleira, a artesa... no seu lugar coma nos tempos das angueiras doutrora.
Vou á fonte, por auga. Coñezo ben esta congostra e teño coidado polo esvaradío das laxes.
Nos campos, as cerdeiras que florecen en maio, as ameixeiras, as figueiras de setembro e, tamén, as maciñeiras. Un pouco máis aló dun regato, o souto que nos dá castañas para as noites de Santos.
Lembro ben os tempos nos que levaba a froita en cestos acugulados e axiña volverá ser así. E sementar millo e patacas e coidar os trobos das abelliñas que fan o mel.
No cemiterio, os ósos dos avós. Na lareira, as súas palabras: mirade pola casa, mirade polas terras...

 

Estos son los ganadores del III Concurso de Microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

Te puede interesar