A Diputación, A Mesa e Correlingua colaborarán en iniciativas en prol do galego

A Diputación, A Mesa e Correlingua colaborarán en iniciativas en prol do galego
Correlingua, nunha edición anterior / AEC

A deputada de Normalización Lingüística da Deputación coruñesa, Soledad Agra, asinou un convenio de colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Agrupación Cultural Correlingua para o financiamento dos proxectos 'A liña do galego' e 'Na casa, na escola, bota a lingua fóra!'.


O obxectivo destes convenios é contribuír, desde a entidade provincial, "á normalización da lingua galega e fomentar o seu uso, mediante o apoio a iniciativas sociais normalizadoras, así como á existencia e difusión de contidos en lingua galega".


No caso da Mesa, a área de Normalización Lingüística da Deputación financia o 80% do programa 'A liña do galego', unha ferramenta que, por vía telefónica e tamén a través dunha App, ofrece á poboación "a posibilidade de avanzar no dereito para vivir en galego dunha forma sinxela e rápida".


Doutra banda, a entidade provincial apoia o Correlingua no seu obxectivo de incentivar o uso oral do galego e a súa normalización como medio de comunicación habitual entre os mozos.  

A Diputación, A Mesa e Correlingua colaborarán en iniciativas en prol do galego

Te puede interesar