A Real Academia Galega (RAG) e a Igrexa comprometéronse para traballar xuntos no avance no uso do galego no ámbito relixioso. Anunciárono este luns na Coruña o presidente da RAG, Víctor f. Freixanes, e o novo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, quen visitou a sede temporal da RAG, no polígono de Pocomaco, para abordar a importancia do papel de la Iglesia como axente normalizador da lingua galega.
"A incorporación do galego á liturxia supuxo un esforzo grande, no marco do Segundo Concilio Vaticano, que en moitos aspectos segue pendente de realización", sinalou Freixanes, quen defendeu que a normalización do galego "pide a súa presenza activa tamén no culto relixioso e un compromiso decidido por parte da xerarquía católica".
A Igrexa galega, apuntou Freixanes, conta "coa RAG para avanzar no uso do galego no ámbito relixioso". O arcebispo, pola súa banda, mostrou a súa vontade de darlle un impulso ao galego no seo de la Iglesia e conseguir que "a liturxia se normalice na vida das comunidades parroquiais". Prieto desvelou que proximamente sairá a segunda edición do 'Misal' en galego, pero recoñeceu que aínda "fai falta ter suficiente sensibilidade e compromiso.