Das análises básicas

Analistas sobradamente posicionados e coñecidos falan dun cambio ideolóxico da sociedade andaluza. Houbo unha vitoria contundente -e con esa maioría absoluta que xa se daban por desaparecidas da faz da política- de Moreno e o PP, axudados por unhas circunstancias de crise e desconcerto, pero os andaluces non se volveron  conservadores de súpeto. Consideremos o feito de que isto suceda despois de tantas décadas de gobernos socialistas sucesivos. Milito na crenza de que a sociedade sempre acerta cando vota porque vota en liberdade. Outra cousa é a adxudicación do reparto de roles de culpabilidades. Lembro aquelo de que todas as familias felices se parecen. E hoxe os populares son felices onde teñen razóns para selo, pero tamén onde non teñen causa nin expectativa. Non son os gobernos, en España nin no resto de Europa, os culpables dos disparatados prezos da enerxía e da vida. Todos son sufridores sobrevenidos. Temos a man un Deus dea a quen botarlle as culpas. Evidentemente, focalizar a desesperación nun goberno, nun culpable real ou suposto ás fatigas que atravesamos, axuda moito a  tomar decisións e a descargar adrenalinas variadas, pero non é a verdade do que está suceder. A vitoria do PP andaluz non está apoiado en datos de xestión, mellora de servizos ou transformacións radicais dos datos socioeconómicos da Comunidade andaluza. Seguen á cola de España na meirande parte dos indicadores de servizos e de políticas públicas. Non foi un premio a unha xestión mellorada. O que  houbo foi un sumatorio de cansazo, limitacións e desesperanza. Na esquerda falla a perspectiva. As políticas macro, as grandes medidas aprobadas, non son percibidas polas familias como apostas para mellorar o seu día a día. Toca reflexionar. O PP sabe que hai xogo, e que queda moito partido.


Rescato palabras conmovidas -dixo El- para pechar as fendas do segredo. Unha luz incesante e un arco silencioso te convocan.

Das análises básicas

Te puede interesar