O recente colapso do sistema operativo Windows, desencadeado por un erro no software antivirus empregado por numerosas empresas, institucións e corporacións, revelou unha preocupante realidade da nosa era: a nosa dependencia da tecnoloxía é unha faca de dous gumes. Este incidente puxo de manifesto a fraxilidade dunha sociedade profundamente integrada coa tecnoloxía, onde unha simple anomalía pode provocar a parálise de sectores completos. Constitúe unha advertencia contundente para todos, independentemente de que residamos no territorio galego ou en calquera outro lugar do mundo desenvolvido, un recordatorio de que ninguén está inmune aos riscos asociados coa nosa interconexión dixital globalizada. Un recado para navegantes internautas.
É fundamental recoñecer que a dixitalización transformou radicalmente o noso xeito de vivir, de comunicarnos e de traballar. A tecnoloxía forneceu unha eficacia sen precedentes en todo, dende os servizos públicos ata o sector privado, proporcionando acceso inmediato á información e permitindo a unha relación global planetaria. Así e todo, esta interconexión tamén creou unha dependencia crítica nos sistemas operativos cibernéticos, esenciais para numerosas actividades cotiás. Calquera fallo nestes sistemas pode desencadear consecuencias catastróficas, como se observou cando agora afectaron gravemente ao sector sanitario, con hospitais e clínicas batallando para acceder a rexistros médicos e xestionar citas, poñendo en risco a saúde dos pacientes. No ámbito financeiro, os bancos e as entidades de crédito sufriron retrasos nas transaccións, minando o interese e servizo da súa clientela e a das operacións mercantís de grandes e pequenos negocios.
As corporacións privadas, peza importante da economía occidental, tampouco escaparon ao impacto desta crise. A súa interrupción sacou á luz a insuficiente preparación de numerosas empresas ante un colapso tecnolóxico de gran envergadura. Interrupcións nos sistemas de produción, distribución e comercialización tiveron como consecuencia unha perturbación nas cadeas de subministración, ocasionando perdas económicas significativas. A confianza excesiva nun único sistema operativo ou software para funcións vitais revelou unha alarmante falta de diversificación e unha carencia de planificación estratéxica, o que pode resultar desastroso en situacións críticas. Ademais, este suceso destaca un problema máis profundo na cultura empresarial contemporánea: a confianza cega na tecnoloxía e a súa suposta infalibilidade. É arriscada crenza.