Do inadecuado

Asistimos con perplexidade a un espectáculo lamentable e tremendamente inxusto. Non é posible que uns pais reciban coma heroes a uns fillos que (supostamente) violaron en grupo a unha menor. E que ademais os cualifiquen de guerreiros e lles aplaudan e os suban aos ceos coma gañadores de non se sabe ben que competición. Fai tempo que se sinala a falla de valores que está enraizada na sociedade, unhas carencias que abocan a moitos menores a comportamentos incívicos, ilegais e inadecuados. O que é sorprendente e desmoralizante é a actitude duns pais e nais que lonxe de escandalizarse da (presunta) violación grupal a unha menor, a unha nena de 12 anos, invocan a Deus en acción de grazas, e celebran a liberdade vixiada que lles impón un xuíz, coa alegría completa dunha festa maior.


Da vergoña allea comprobar a falla de escrúpulos e de entrañas dunhas familias que confunden a relación pais-fillos coa obriga ética, moral e legal de recriminar e castigar os comportamentos inadecuados e delictivos. As sociedades se constrúen a golpe de idearios, leis e cidadáns comprometidos coa legalidade e con facer as cousas ben dende o respecto e dende a legalidade que nos protexe a todos. Non podemos saltarnos ningún paso. A formación dos máis novos no respecto dos dereitos dos demais, é unha peza clave no puzzle de convivencia que as sociedades definen e perpetúan. Se incumpren o básico e o máis elemental, de acatar valores como tolerancia, igualdade e respecto á diferencia, xa nin falamos. Algo falla nunha colectividade cando en lugar de avergoñarse polas actitudes inadecuadas e ilegais dos seus fillos, celebran, festexan e homenaxean –sen pedir perdón, nin manifestar propósito da enmenda– aos que abusaron con superioridade e forza dunha menor. A corrección é obrigada.


Quererte perpetúa o valor do horizonte –dixo El– traza a discreción horizontal de sentirte na eternidade tenue de sabernos...

Do inadecuado

Te puede interesar