Sabedoría do demo

O demo sabe máis por vello que por demo. Dito do refraneiro popular que é atinada metáfora  para expresar que a experiencia é unha fonte de coñecemento e astucia, e que as persoas que viviron máis tempo teñen máis sabedoría e habilidade para resolver problemas ou evitar enganos. A metáfora tamén implica unha valoración negativa da vellez, asociada co mal e a perversidade, e unha contraposición entre a inocencia e a ignorancia da mocidade e a malicia e o saber da ancianidade. De ancestral tradición, é sentenza universal por ser atopar en diferentes linguas e culturas. Tan antigo como o feito de ver como as persoas maiores sempre foron respectados en todas as culturas. Nas sociedades humanas, a vellez implicaba, e así se celebraba publicamente, coñecemento, experiencia, ponderación, claridade, unha mirada longa para ese saber acubillado.
 

Así, do secular respecto e veneración á problemáticas social dese andazo que é o idadismo. E dicir, da discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores. 
 

O idadismo é a terceira gran forma de discriminación social, despois do racismo e o sexismo. É unha forma de violencia que afecta a millóns de persoas no mundo, especialmente ás persoas maiores mais tamén ás novas. Desprezo ao valor da experiencia que é moito máis grave no ámbito laboral impedindo o acceso ao traballo por causa da idade. 
 

Mesmo con efectos perversos para as empresas caso do descenso da produtividade, a innovación e a competitividade, o aumento do absentismo, a rotación de persoal, a dificultade para atraer e reter talento e a perda de reputación e imaxe. Afecta perversamente o clima laboral no traballo.
 

Sen dúbida algunha, o idadismo ten consecuencias negativas tanto para as persoas que o sofren como para a sociedade en xeral. Por unha banda, pode afectar á saúde física e mental das persoas, reducindo a súa autoestima, o seu benestar e a súa calidade de vida. Doutra banda, o idadismo impide o aproveitamento do potencial e a diversidade das persoas de diferentes idades, limitando a súa participación social, económica e política. 
 

Polo tanto é un problema que require unha resposta urxente e coordinada de todos os actores sociais. É necesario sensibilizar á poboación sobre o valor e o respecto das persoas de todas as idades, promover unha cultura da solidariedade entre persoas de xeracións distintas e tamén eliminar os estereotipos e os prexuízos que alimentan o idadismo.

Sabedoría do demo

Te puede interesar