Elviña celebra unha romaría como a que convocaron as Irmandades hai 102 anos

Elviña celebra unha romaría como a que convocaron as Irmandades hai 102 anos
El Ideal Gallego-2018-07-08-014-75a44762

A asociación de veciñal Os Rexumeiros de Elviña e Castro, o local social Tempo Novo e o colectivo lugrisán In Nave Civitas organizaron onte a terceira edición da Romaría das Irmandades da Fala nunha xornada de moita calor onde os menos quixeron recrear aquela primeira cita de hai 102 anos e calzaron sombreiro, camisa branca e chaleco, os homes, e saio longo e pano na cabeza, as mulleres. 
Preto de 50 persoas camiñaron desde a avenida de Salvador de Madariaga, onde estaba a antiga granxa agrícola de Monelos, cara o xacemento de Elviña en preto de dous kilómetros de tramo urbano que rematou entre xestas. Lonxe dos tubos de escape.
Na sede de Tempo Novo, houbo unha parada técnica e máis tarde aparcaron os bártulos na finca dun veciño, no monte dos Crutos, onde antes se celebraban as feiras para revivir aquel momento en que o colectivo reclamou cultura sobre o verde e abriu o acto a todos os coruñeses nun acto de seren un na loita polos principios. 
Deste xeito, xentes chegadas da Vila mesturáronse cos de Elviña e outros lugares da parroquia con ilustres como Ramón Cabanillas, que veu desde Cambados, Vilar Ponte ou Lugrís Freire. Escolleron esta terra como símbolo igual que onte o fixeron os organizadores, acompañados de representantes do Concello e a responsable do castelo de San Antón, Ana Martínez. 
Conta un dos coordinadores, Lois Gómez, que neste lugar libre de cemento, voltaron a conseguir unha comunión simpática e non exclusiva. 

Elviña como lugar
Ademais, aproveitaron para reivindicar Elviña como lugar, “non o polígono”, senón o que se mantén fiel a súa orixe. Por iso, a camiñata discorreu por sendeiros como o de Saramelos e o propio castro de Elviña para conquistar o monte dos Crutos e estender un mantel común no que faltou empanada e tortilla. 
Tampouco as risas. Ao pé dunha carballeira que un veciño cedeu para o xantar, persoas de todas as idades recrearon o que pasou hai xusto 102 anos no mesmo punto.

Elviña celebra unha romaría como a que convocaron as Irmandades hai 102 anos

Te puede interesar