O chileno Raúl Zurita estreará a Residencia Literaria 1863 cun recital desde o balcón

O chileno Raúl Zurita estreará a Residencia Literaria 1863 cun recital desde o balcón
el ideal gallego-2019-02-27-036-2b4632ba

Escribirá os primeiros versos na Residencia Literaria 1863, que se abre en Rego de Auga a autores de fóra pero con efecto boomerang, de xeito que eles virán a inspirarse entre estas catro paredes, pero tamén marcharán os de aquí a respirar do país de orixe dos escritores elixidos. Raúl Zurita será o primeiro que instale a súa maleta na casa con vistas á biblioteca provincial. O autor, que foi torturado pola dictadura de Pinochet e convertido nunha das máis importantes voces poéticas contemporáneas, ofrecerá esta tarde  ás 18.00 horas un recital aberto dende o balcón da Residencia.


Respondendo ao soño da súa impulsora Yolanda Castaño, o Premio Nacional de Chile e Premio Iberoamericano Pablo Neruda engadirá os poemas paridos na Coruña aos que lle deu forma desde o ceo de Nova York ou no Deserto de Atacama, sendo unha das voces imprescindibles das letras a nivel mundial. O chileno inaugura así este espazo dedicado ao fomento e a expansión da literatura dende Galicia, inspirándose nas pedras da Pescaría ou no legado histórico do corazón da cidade para alimentar novas páxinas da súa poética.

Pero non só iso, pois a Residencia Literaria 1863 procura deixar a pegada dos seus residentes entre a cidadanía. Así, a novidade tocará a rúa. Proxectarase desde o número 46 dunha rúa na que naceron Irmandades da Fala e a Real Academia Galega. Dende eles e para todos os lectores, curiosos e paseantes, recitará os seus poemas o que chegou a realizar accións poético-performáticas tan impactantes como queimar a súa meixela esquerda.


Será o acontecemento de ver e escoitar esta figura da literatura tan cargada de compromiso coa palabra e a memoria histórica. Dun xeito tan público, conmovedor e integrado na cidade, conta Castaño, se desenvolverá unha ocasión histórica coma esta.

Funcionamento 
Por outro lado, os talentos que viaxen ou veñan á cidade procederán de acordos cos ministerios de Cultura, co instituto Cervantes e outras entidades. 

Serán gañadores de concursos ou elixidos de convocatorias abertas para pasar un mes lonxe das rutinas que poden despistar á inspiración e nunha casa preparada para que o sosego vaia da man do estímulo.

O chileno Raúl Zurita estreará a Residencia Literaria 1863 cun recital desde o balcón

Te puede interesar