O Día de Galicia os lectores de El Ideal Gallego poderán presumir máis ca nunca da súa orixe. E será grazas á bolsa deseñada da man da marca SpainSays que poderán conseguir totalmente de balde no momento de mercar o xornal no quiosco e domingo 25 de xullo.
El Ideal Gallego e SpainSays bosquexaron pensando nos lectores unha bolsa con alma galega para celebrar o 25 de xullo o Día de Galicia. Trátase dun exclusivo bolso saco que só se poderá conseguir nesa xornada e de forma inseparable co xornal. Eso si, será totalmente gratuíto.
Para facerse con este agasallo a dinámica é tan fácil como achegarse ao punto de venda, mercar o exemplar de El Ideal Gallego e listo. O quiosqueiro daralle nese momento ao lector a súa bolsa. Pero hai que bulir, porque a edición é limitada e só estará dispoñible nos puntos de venda ata rematar as existencias.
Ser madrugador terá o seu premio, porque, que mellor que empezar o Día de Galicia volvendo á casa co xornal baixo o brazo e cunha bolsa coa alma galega máis ideal?
Iso é precisamente o que representa este complemento deseñado por El Ideal Gallego e a marca alacantina SpainSays: a galeguidade universal.
“E ti, de quen vés sendo?” é a frase típica galega elixida para ilustrar o deseño deste bolso-saco
“In Galicia we don’t say ‘who are you?’, we say ‘e ti, de quen vés sendo?’, and I think that’s beatutiful” –que poderíamos traducir como “En Galicia non preguntamos ‘quen es?’, senón ‘e ti, de quen vés sendo?’ e iso é fermoso– é a frase que leva serigrafiada a bolsa, que parte da idea de SpainSays.
Esta empresa comezou facendo unha conta de Instagram na que utilizando modismos e frases feitas do español e linguas cooficiais como o galego ou o catalán pretende mostrar con humor o orgullo polo territorio e o idioma propios. Porén, nun ano o seu éxito levou a SpainSays a iniciar a venda na súa web de bolsas e tazas coas súas humorísticas frases. E a proposta de El Ideal Gallego foi agasallar con elas os seus lectores cunha frase “made in Galicia” para o Día de Galicia.
Así que se non sabes se sobes ou se baixas, se o marisco é a túa relixión, e se levas Galicia por bandeira, sen dúbida esta bolsa é a que quererás lucir cada día a partir do próximo 25 de xullo.